Facendo parroquia

Facendo parroquia pretende ser un espazo de encontro dos grupos e persoas que participamos na vida parroquial de Fontiñas. Quere ser momento de sinodalidade, un tempo para facer un camiño xuntos como comunidade parroquial. Un tempo para pensar, compartir visións e tomar decisións que impulsen neste principio de curso os proxectos comúns da nosa parroquia.
Xuntarémonos o venres 24 de novembro ás 20.00 nos locais parroquiais. Teremos un breve momento de oración e logo traballaremos de forma participativa na procura das liñas de acción que queremos salientar neste curso 2023/24, recordaremos as principais datas de encontro e recolleremos todas as iniciativas e suxestións que nos axuden a medrar como comunidade parroquial.
A idea é que esta primeira parte remate sobre as 21.45 e que logo teñamos un picoteo compartido para o que non é preciso traer nada.
Para inscribirse na xuntanza podes facelo a través deste formulario https://forms.gle/DKb5C171Qh8JETeTA ou anotarte presencialmente na lista que estará dispoñible na parroquia.
Para facer parroquia todos e todas somos importantes, todos e todas somos benvidos e benvidas. Participa.

CONSELLO

This is author biography section, post authors can write their basic introduction here. They can easily edit this by logging into their WordPress profile on your website. Telling your readers who you are gives a personal touch to your blog posts. Visit my website, Facebook, Twitter

Leave a Reply

  • (will not be published)