• Contáctanos
  • Telfs. 981575760 - 619036187
  • parroquiafontinas@gmail.com

Cofradía

A cofradia de San Antonio nace como grupo da Parroquia no ano 1998 coa finalidade de organizar a procesión no día da festa de San Antonio, asumindo despois a programación da novena e diversas actividades e charlas. Coma un grupo máis da parroquia trata de dinamizar a vida nela , facendo da casa de Deus a casa de todos.

Pretendemos que a cofradia sexa un espazo onde tódalas persoas se sintan acollidas, poidan imitar a San Antonio na axuda ás persoas máis necesitadas e poidan integrarse (na medida das súas posibilidades) nos distintos grupos da parroquia ou en asociacións que busquen loitar contra a marxinación social, actividade na que destacou San Antonio.