• Contáctanos
  • Telfs. 981575760 - 619036187
  • parroquiafontinas@gmail.com

Mulleres

O grupo de mulleres comezou a súa andaina xa hai 12 anos. Durante este tempo o noso obxectivo principal foi ir creando grupo, renovándonos ano a ano con distintas actividades, sendo moi fieis ao programado e asistindo á reunión dos luns cada 15 días.

Nas reunións traballamos distintos materiais, lectura e reflexión de libros sobre importantes personaxes como O Greco, Cervantes ou mulleres ilustres como Concepción Arenal e Clara Campoamor, así como mulleres comprometidas coa súa fe e apostolado, como Dolores Aleixandre e Isabel Gómez Acebo, entre outras. Todo isto intercalado con actividades culturais como visitas a exposicións, museos…, sempre tendo presente a colaboración entre todas as que formamos o grupo.

Realizamos distintas manualidades tecidas con la, mantas, bufandas, patucos, guantes, compartindo o noso traballo co Albergue Xoán XXIII, a cocina económica, a residencia de San Marcos e Cáritas parroquial.

Temos tamén tempos lúdicos de excursións a distintos mosteiros, Sobrado dos monxes, Armenteira, e pazos galegos onde desfrutamos da natureza e compartimos as celebracións que alí realízanse.

Para todo isto axúdannos os momentos de oración e celebración onde compartimos a nosa fe.

Somos un grupo aberto onde se foron incorporando distintos persoas ao longo dos anos e convidámosvos a todas as que esteades interesadas en participar.