• Contáctanos
  • Telfs. 981575760 - 619036187
  • parroquiafontinas@gmail.com

Consello Pastoral Parroquial

O Consello Pastoral Parroquial (CPP) é un órgano consultivo, presidido polo noso párroco e integrado por laicos.

O seu fin principal é a programación, animación, coordinación e revisión da acción pastoral dos distintos grupos que formamos a parroquia, e debe representar a tódalas realidades que están convivindo na nosa comunidade.

Non ten sentido unha organización parroquial se non se ten en conta ós seus integrantes. De nada serve programar se non coñecemos as distintas realidades e necesidades que temos tódolos que formamos esta “casa de todos”. É tarefa do Consello animarvos á participación na vida da parroquia, sexa dunha maneira directa ou indirecta, e axudarnos na autocrítica para seguir medrando ó carón de Xesús.

Está constituido por unha representación de tódolos grupos integrados na parroquia, con xuntanzas mensuais abertas a todos.